Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 1 de marzo de 2021 Páx. 12521

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade da resolución de denegación da primeira presentación do proxecto de ordenación, con código PO-00011399Z(1.1) e titulado Proxecto de ordenación forestal Montouto, parroquia de Vilarmel (Quiroga, Lugo), en cumprimento do artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Antecedentes.

Primeiro. Con data do 14.11.2019 tivo entrada o expediente con código PO-00011399Z(1.1) titulado Proxecto de ordenación forestal Montouto. Segundo o procedemento estipulado na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o promotor solicitou o inicio da tramitación de impacto ambiental do referido proxecto.

Con data do 9.11.2020 o órgano ambiental resolveu formular a declaración de impacto ambiental desfavorable.

Segundo. Con data do 4.2.2021 a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal asina a resolución de denegación da primeira presentación do citado proxecto de ordenación, con código PO-00011399Z(1.1), segundo o artigo 81.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Terceiro. De conformidade co artigo 42 da Lei 21/2013, o órgano substantivo, no prazo máis breve posible e en todo caso antes dos quince días hábiles desde que adopte a decisión de autorizar ou denegar o proxecto, remitirá ao diario oficial correspondente, para a súa publicación, un extracto do contido da dita decisión.

Así mesmo, publicará na súa sede electrónica unha referencia ao diario oficial correspondente en que se publicou a declaración de impacto ambiental e o extracto sobre a decisión de autorizar ou denegar o proxecto.

Polo anteriormente exposto,

RESOLVO:

Facer pública a resolución de denegación citada no antecedente primeiro de conformidade co artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Expediente: PO-00011399Z(1.1) Primeira presentación proxecto ordenación forestal Montouto.

A resolución poderase consultar na seguinte ligazón:

https://mediorural.xunta.gal/es/temas/forestal/ordenacion/instrumentos-de-ordenacion-ou-de-xestion-forestal

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2021

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal