Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 1 de marzo de 2021 Páx. 12520

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación total de estatutos sociais da entidade Mirador de Matogrande, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir no Rexistro Provincial da Coruña a modificación total de estatutos sociais da entidade Mirador de Matogrande, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral do 4 de decembro de 2020. Consta como novo capital social mínimo 31.000,00 €.

A Coruña, 12 de febreiro de 2021

O xefe territorial da Coruña
P.S. (Artigo 57.3 do Decreto 215/2020, do 3 de decembro)
Pedro Pablo Lorenzo Díaz
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica