Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 96/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Concepción López Cisneros contra a empresa Bierzo Enxebre, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxos termos do acordo e a parte dispositiva son como segue:
A empresa demandada recoñece a improcedencia do despedimento con data de efectos do día 6.1.2020 e, en consecuencia, ofrece á traballadora en concepto de indemnización a cantidade neta de 18.077,24 euros. Así mesmo, a empresa recoñece o débito dos salarios de outubro de 2019 a xaneiro de 2020, así como a quitanza correspondente, o que ascende a unha cantidade de 5.141,45 euros.
En consecuencia, a cantidade total en concepto de salarios e indemnización ascende á cantidade de 23.218,69 euros, que serán aboados na súa totalidade na conta bancaria onde a traballadora habitualmente viña percibindo os seus emolumentos antes do día 15 de xullo de 2020.
A traballadora subscribe as manifestacións anteriores realizadas e acepta o ofrecemento da empresa das cantidades expresadas e a forma de pagamento, e manifesta que co cobramento das devanditas cantidades se entenderá totalmente saldada e liquidada sen nada máis que reclamar.
Parte dispositiva
Acordo: apróbase a conciliación alcanzada entre as partes, nos termos expresados na comparecencia previa a esta resolución.
Arquívense as actuacións.
E para que sirva de notificación en legal forma a Bierzo Enxebre, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2021
A letrada da Administración de xustiza