Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2021 Páx. 11109

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 372/2020).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 372/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Alberto Chiappetta Lizarraga contra a empresa Gialak Transportes, S.L., General Logistics Systems Spain, S.A., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Decido que, estimando parcialmente a demanda interposta por Carlos Alberto Chiappetta Lizarraga contra Gialak Transportes, S.L. e contra General Logistics Systems Spain, S.A., efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento do demandante efectuado pola demandada Gialak Transportes, S.L. con data de efectos do 17.7.2020 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Gialak Transportes, S.L. a avirse á devandita declaración, e a que readmita inmediatamente o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a data de efectiva readmisión a razón de 47,62 euros diarios, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante dunha indemnización de 392,90 euros por despedimento improcedente.

A opción por parte do empresario entre a readmisión do traballador e a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de cinco días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

2. Debo absolver e absolvo a mercantil General Logistics Systems Spain, S.A. das peticións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gialak Transportes, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza