Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2021 Páx. 10220

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 46/2018).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 46/2018 deste xulgado do social, contra a empresa Servihost Dúplex, S.L. e coa intervención do Fogasa, sobre reclamación de cantidade (procedemento ordinario), se ditou a seguinte resolución cuxos antecedentes de feito e parte dispositiva se achegan:

«Sentenza.

Antecedentes de feito:

Primeiro. A parte demandante, María del Carmen Ruiz Galián, presentou con data do 12.1.2018 demanda que, por quenda, correspondeu ao Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, logo de expor os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, solicitaba a condena da empresa ao aboamento das cantidades indicadas na suplicación.

Segundo. Unha vez admitida a trámite a devandita demanda, sinalouse para a realización do acto de xuízo o día 19.2.2020, compareceu unicamente a parte demandante e este desenvolveuse en todas as súas fases tal e como consta na correspondente gravación audiovisual. Así, deuse por rematado o acto e quedaron os autos vistos para sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Resolvo:

Que, admitindo a demanda interposta por María del Carmen Ruiz Galián contra a empresa Servihost Dúplex, S.L. e o Fogasa, se condena a empresa a lle aboar a cantidade de mil trescentos vinte e dous euros e sesenta e tres céntimos (1.322,63 €), incrementada co xuro por mora do 10 %.

Así mesmo, absólvese o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta é firme.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en forma legal á mercantil Servihost Dúplex, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza