Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2021 Páx. 10222

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 871/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 871/2019 deste xulgado do social, foi ditada Sentenza con data do 21 de xaneiro de 2021, contra a cal non cabe interpor recurso ningún, e faise saber tamén aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na secretaría deste órgano xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a López Villanueva, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de xaneiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza