Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2021 Páx. 10218

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (411/2019).

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentenza

Ourense, 25 de febreiro de 2021.

Luis Doval Pérez, maxistrado xuíz de reforzo do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, viu os presentes autos sobre divorcio contencioso, promovido por Adelaida Carballo Fernández, representada pola procuradora Inés Fernández Ramos e asistida polo letrado Miguel Ángel Rodríguez González, contra Augusto Rodríguez Rodríguez, en situación de rebeldía procesual.

Parte dispositiva

Que debo estimar e estimo a demanda interposta pola procuradora Inés Fernández Ramos, e decreto a disolución por divorcio do matrimonio entre Adelaida Carballo Fernández e Augusto Rodríguez Rodríguez, con todos os efectos legais inherentes a tal declaración.

Unha vez firme, inscríbase a presente resolución no Rexistro Civil, á marxe da inscrición de matrimonio cuxa copia consta unida ás actuacións. Líbrese para tal efecto o oportuno mandamento.

Non se efectúa expresa imposición de custas.

Notifíquese ás partes esta sentenza e fágaselles saber que non é firme e contra ela cabe recurso de apelación, que deberán interpoñer ante este xulgado dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Ourense, logo de consignación do depósito previsto na disposición adicional 15ª LOPX.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Augusto Rodríguez Rodríguez, esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 26 de xaneiro de 2021

O/a letrado/a da Administración de xustiza