Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2021 Páx. 10108

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 23 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2021 (código de procedemento TR331A).

Advertido un erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 27, do 10 de febreiro de 2021, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na paxina 8342, onde di:

«Artigo 2. Entidades beneficiarias. Requisitos

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas na presente orde:

a) As entidades locais, coa excepción das entidades de ámbito territorial provincial, ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha das anteriores, cuxa titularidade corresponda integramente a ela, sempre que por si soas ou asociadas entre concellos limítrofes teñan unha media de paro rexistrado no ano 2021 superior a 350 persoas, ou formen parte dunha agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos limítrofes galegos (ou a dous no caso de que un deles proceda da fusión de concellos).».

Debe dicir:

«Artigo 2. Entidades beneficiarias. Requisitos

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas na presente orde:

a) As entidades locais, coa excepción das entidades de ámbito territorial provincial, ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha das anteriores, cuxa titularidade corresponda integramente a ela, sempre que por si soas ou asociadas entre concellos limítrofes teñan unha media de paro rexistrado no ano 2020 superior a 350 persoas, ou formen parte dunha agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos limítrofes galegos (ou dous no caso de que un deles proceda da fusión de concellos).».