Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2021 Páx. 10267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao deslindamento parcial do monte Carboeiro, Coto, Covas, Rapatoso e Outeiro, no concello do Corgo (expediente 13_78/1DES_2018).

Na sesión celebrada polo xurado provincial o día 11.1.2021 figura o seguinte acordo:

Monte Carboeiro, Coto, Covas, Rapatoso e Outeiro (exp. 13/78), pertencente aos veciños da parroquia de Santo Estevo de Folgosa, no concello do Corgo, clasificado polo xurado o 30.10.1978.

– O 4.4.2018 ten entrada unha proposta de deslindamento parcial do monte veciñal con propiedades particulares, aprobada pola comunidade de Santo Estevo de Folgosa.

– O 3.6.2018 o Servizo de Montes emite un informe favorable da proposta presentada.

– O 20.6.2018 envíase ao Concello do Corgo o anuncio para os efectos da súa publicidade no seu taboleiro.

– O 4.7.2018 publícase no DOG o anuncio polo que se fai pública a proposta de deslindamento e ábrese o período para alegacións. Expediente de deslindamento 1DES/2018.

– Transcorrido o prazo dun mes sen que se presentasen alegacións, a comunidade reafírmase na proposta de deslindamento, que obtén informe favorable do Servizo de Montes con data do 12.11.2018

– O 14.7.2020 a comunidade de Santo Estevo de Folgosa presenta a proposta de deslindamento definitiva.

– O 10.11.2020 o Servizo de Montes emite un informe no cal se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento. Segundo a nova cartografía, o monte de Carboeiro, Coto, Covas, Rapatoso e Outeiro pasa a ter 97,6 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao xurado provincial dos acordos alcanzados, o xurado provincial de montes veciñais en man común ditará resolución aprobatoria do deslindamento.

En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e proceder a realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, corresponde ao monte veciñal tras o deslindamento aprobado.

Contra este acordo, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 2 de febreiro de 2021

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file