Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2021 Páx. 10270

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 49/75 e oito máis).

Na sesión celebrada polo Xurado o día 11.1.2021 figuran os seguintes acordos:

– Monte de Pedriñeira e Costa (exp. 49/75), pertencente aos veciños de Vilachá, no concello da Pobra do Brollón, e monte de Augas Mestas (exp. 32/73), pertencente aos veciños de Augas Mestas, no concello de Quiroga.

O 11.4.2019 foi presentado un escrito, asinado polo presidente da comunidade de Augas Mestas, relativo ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as ditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes. Presenta acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz da Pobra do Brollón e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 26.6.2020 o Servizo de Montes emite un informe (2019_27) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado. O MVMC Pedriñeira e Costa pasa a ter unha superficie de 656 hectáreas; e o MVMC Augas Mestas de 315 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Monte de Xestoso (exp. 3/84), pertencente aos veciños de Xestoso, na parroquia de Fontaneira, e monte de Quintá e Queirogal (exp. 79/83), pertencente aos veciños de Quintá e Queirogal, na parroquia de Pousada, ambos no concello de Baleira.

O 1.10.2019 foi presentada unha solicitude, asinada polo presidente da comunidade de Xestoso, de aprobación do acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as ditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes. Presenta acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz de Baleira e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 19.11.2020 o Servizo de Montes emite un informe (2019_68) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado. O MVMC Xestoso pasa a ter unha superficie de 350 hectáreas; e o MVMC Quintá e Queirogal de 87,66 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Monte de Ferreirúa (exp. 3/75), pertencente aos veciños de Ferreirúa, e monte de Buixidoira e Trapa (exp. 15/80), pertencente aos veciños do lugar Pacios da Veiga, parroquia de Ferreirúa, ambos no concello da Pobra do Brollón.

O 6.8.2020 foi presentada unha solicitude, asinada polo presidente da comunidade de Ferreirúa, para a aprobación do acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as ditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes. Presenta acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz da Pobra do Brollón e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 10.11.2020 o Servizo de Montes emite un informe (2020_28) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado. Así mesmo, con este deslindamento, ao eliminar a superposición con Buixidoira e Trapa, quedan esclarecidos os límites dos MVMC Incio-San Pedro con MVMC Ferreirúa e con Biduedo (deslindamentos aprobados na sesión do Xurado do 27.3.2019).

As superficies resultantes para os montes son: MVMC Ferreirúa: 477 hectáreas; MVMC Buixidoira e Trapa: 156 hectáreas; MVMC Incio-San Pedro: 614,7 ha; MVMC Biduedo: 97 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Monte de Ferreirúa (exp. 3/75), pertencente aos veciños de Ferreirúa, e monte de Ferreiros (exp. 1/73), pertencente aos veciños de Ferreiros (agás Veneira de Roques), ambos no concello da Pobra do Brollón.

O 7.8.2020 foi presentada unha solicitude, asinada polo presidente da comunidade de Ferreirúa, de aprobación do acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as ditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes. Presenta acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz da Pobra do Brollón e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 10.12.2020 o Servizo de Montes emite un informe (2020_29) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado, tendo en conta a avinza con Buixidoira e Trapa. O MVMC Ferreirúa pasa a ter unha superficie de 458 hectáreas; e o MVMC Ferreiros de 398 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Monte de Saa (exp. 9/75), pertencente aos veciños da parroquia de Saa, e monte de Balsas e Valdeconde (exp. 4/75), pertencente aos veciños da parroquia de Lamaigrexa e dos lugares de Domiz e Pereiro, da parroquia de Salcedo, ambos os montes no concello da Pobra do Brollón.

O 22.9.2020 foi presentada unha solicitude, asinada polo presidente da comunidade de Saa, para a aprobación do deslindamento levado a cabo por avinza entre as ditas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes. Presenta acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación ante o Xulgado de Paz da Pobra do Brollón e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 11.12.2020 o Servizo de Montes emite un informe (2020_44) en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento acordado. O MVMC de Saa pasa a ter unha superficie de 1356 hectáreas; e o MVMC Balsas e Valdeconde de 535 hectáreas.

Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 2 de febreiro de 2021

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo