Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2021 Páx. 8167

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada

EDICTO (226/2020).

Demetrio Mato Bartolomeu, letrado da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada, dá fe e testemuño que nos autos de familia, garda e custodia, alimentos de fillo menor non matrimonio 226/2020 consta a sentenza e o auto aclaratorio cuxo encabezamento e ditame din como segue:

Sentenza

A Estrada, 12 de xaneiro de 2021.

Vistos por min, Ricardo Antonio López Fernández, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1, Xulgado de Violencia sobre a Muller, da Estrada e o seu partido xudicial, os presentes autos nº 226/2020 de garda, custodia e alimentos, seguidos por mor da demanda presentada por Noemí García Carbia, representada polo procurador dos tribunais Sr. Sánchez Ortega e baixo a dirección da letrada Sra. Touceda Ferreiro, fronte a José Manuel Gómez Castro, declarado en situación de rebeldía procesual.

Intervén en nome do Ministerio Fiscal Alejandro Tuero González.

Parte dispositiva

Debo estimar e estimo integramente a petición de medidas definitivas á demanda de garda, custodia e alimentos presentada por Noemí García Carbia representada polo procurador dos tribunais Sr. Sánchez Ortega, fronte a José Manuel Gómez Castro, declarado en situación de rebeldía procesual, acordándose.

1º. A garda e custodia da menor, Alma Gómez García, atribúese á súa nai, Noemí García Carbia, correspondendo a titularidade e exercicio conxunto da patria potestade a ambos os proxenitores.

2º. O establecemento do seguinte réxime de comunicación e estancia da menor co seu pai, José Manuel Gómez Castro:

A). As fins de semana alternas o pai poderá gozar da compañía da menor, recolléndoa no domicilio materno os venres ás 20.00 horas e reintegrándoa no mesmo o domingo ás 20.00 horas.

B). As vacacións de Nadal repartiranse do seguinte modo, o pai poderá gozar da compañía da menor, desde o último día lectivo ás 20.00 horas, ata o 31 de decembro ás 17.00 horas, nos anos impares, e, desde o 31 de decembro ás 17.00 horas ata o último día non lectivo ás 20.00 horas, nos anos pares.

C) As vacacións se Semana Santa, o pai poderá gozar da compañía da menor, desde o último día lectivo ás 20.00 horas, ata o martes ás 20.00 horas, nos anos impares, e, desde o martes ás 20.00 horas ata o último día non lectivo ás 20.00 horas, nos anos pares.

D) As vacacións de verán dividiranse por quincenas alternas os meses de xullo e agosto do seguinte modo:

a) Desde o 30 de xuño ás 20.00 horas ata o 15 de xullo ás 20.00 horas.

b) Desde o 15 de xullo ás 20.00 horas ata o 31 de xullo ás 20.00 horas.

c) Desde o 31 de xullo ás 20.00 horas ata o 15 de agosto ás 20.00 horas.

d) Desde o 15 de agosto ás 20.00 horas ata o 31 de agosto ás 20.00 horas.

Corresponderá o primeiro período ao pai nos anos pares e á nai nos impares. Durante este período quedará en suspenso o réxime ordinario de visitas de fin de semana, que se retomará unha vez finalizado o período vacacional, segundo quenda de goce que viñese correspondendo antes da súa suspensión do mesmo. Establécese como lugar de entrega e recollida, cando non se pacte de mutuo acordo outro distinto, o sito na avenida de Ponteareas nº 11, 2 esq. A Estrada.

3º. A fixación dunha pensión de alimentos de 300 euros, cantidade que deberá abonar José Manuel Gómez Castro, a favor de a súa filla, e que deberá ingresar na conta que designe a nai, dentro dos cinco primeiros días de cada mes, sendo esta cantidade pagadoira por mensualidades anticipadas e actualizable cada 1 de xaneiro conforme á variación anual que experimente o índice xeral anual de prezos de consumo ou equivalente.

4º. Cada proxenitor satisfará por metade os gastos extraordinarios que exixa o coidado e educación de Alma, en particular os de asistencia sanitaria.

5º. Establécese como domicilio da menor, a efectos de empadroamento, o da nai, sito na avenida de Ponteareas nº 11, 2 esq. da Estrada.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra esta cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que poderán presentar por escrito ante este xulgado no prazo de 20 días a contar desde o seguinte á súa notificación. Para a interposición do recurso, deberá acreditarse no momento de prepararse o recurso, a consignación do depósito e demais requisitos legalmente exixidos, na conta de consignacións e depósitos deste xulgado baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión do orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino.

O anteriormente transcrito concorda ben e fielmente co seu orixinal ao que me remito, e para que sirva de notificación en legal forma ao demandado José Manuel Gómez Castro, actualmente en ignorado e descoñecido paradoiro, esténdese o presente na Estrada, 18 de xaneiro de 2021.

O letrado da Administración de xustiza

O anteriormente transcrito concorda ben e fielmente co seu orixinal ao que me remito, estendéndose o presente edicto.

A Estrada, 19 de xaneiro de 2021

O letrado da Administración de xustiza