Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2021 Páx. 8166

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Carballiño

EDICTO de notificación de sentenza (divorcio 59/2018).

DCT divorcio contencioso 59/2018

Procedemento orixe:/

Sobre divorcio contencioso

Demandante Antonia Pereira de Brito

Procuradora: María del Rosario Nogueira Diéguez

Avogado: Antonio Muñoz Somoza

Demandado: Domingo Antúnez Jiménez

Neste órgano xudicial, no procedemento de referencia, foi pronunciada a sentenza nº 61, do 21 de setembro de 2020 cuxo texto íntegro poderá consultarse na sección civil deste xulgado. Contra a devandita sentenza cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días hábiles a contar desde a súa notificación.

Conforme o sinalado na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, e na instrución 6/2012 da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, fíxase para tal efecto este
edicto no taboleiro de anuncios do Xulgado de Primeira Instancia número 2 do Carballiño, para a súa notificación ao demandado e edicto que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado en rebeldía procesual, Domingo Antúnez Jiménez, expídese este edicto para que lle sirva de notificación.

Facúltase o portador do presente edicto para o seu dilixenciamento.

O Carballiño, 5 de novembro de 2020

O letrado da Administración de xustiza