Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2021 Páx. 8231

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción de instalacións eléctricas no concello de Ourense (expediente IN407A 2020/035-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado nº 1534 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, na Coruña, en xuño de 2020, con visado nº 20201374 do 11.6.2020.

Solicitante: ADIF Alta Velocidad; CIF: Q2802152-E.

Domicilio: rúa Sor Ángela de la Cruz, nº 3, 28020 Madrid.

Denominación: LMTS e CT compacto para estación intermodal de Ourense.

Situación: rúa Eulogio Gómez Franqueira, s/n, Ourense.

Orzamento: 55.165,29 €.

Características técnicas: LMT con entrada e saída en CT proxectado, condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV, 3 (1×240 Al), que ten a súa orixe na LMT VLL807 procedente do CT Jesús Pousa (expediente 01/53 AT) -32CAN1- e final na mesma LMT VLL807, treito a CT Francisco Blanco (expediente 04/59 AT) -32CCA5-, logo da E/S no CT proxectado. CT do tipo subterráneo prefabricado compacto con envolvente de formigón e ventilación horizontal, con celas 2L+1P telecontrolado, e transformador de 400 kVA con r/t: 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se xulgue pertinente.

Ourense, 8 de outubro de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense