Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2021 Páx. 8233

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello do Incio (expediente 2019/64 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro), sométense a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: CT, LMTS, RBTS rúa Camiño Fonte.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Características técnicas principais:

– Centro de transformación compacto con envolvente de manobra exterior, de 160 kVA de potencia, e relación de transformación de 20.000/400 V en substitución do CT Cruz do Incio existente, que será desmontado.

− Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 72 m, con orixe en PAS C-16/2000-H35-CAIII proxectado, condutor tipo RHZ1 e final en CT proxectado. Realizarase tamén o retensado do condutor LA-30, desde o apoio proxectado ata o anterior da liña TTL813 existente e o desmantelamento da liña aérea existente.

− Liña de baixa tensión soterrada, cunha lonxitude de 352 m, con orixe en CT proxectado, condutor tipo XZ1 e final en rede BT aérea existente.

− Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 20 m, con orixe en empalmes PAS proxectados, condutor tipo RZ e final en rede aérea de baixa tensión.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70), referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000), e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 18 de xaneiro de 2021

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

anexo

Nº de predio

Propietario

Parcela

Afección

Nome e apelidos

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Apoio

Superficie (m²)

1

Ana Macía Mao e irmáns

4240603PH3/244S0001ZI

Cmo. da Fonte

Soar

D75/67/1

2,0

2

José Luis Corujo González/Manuel Corujo González

4240605PH3/244S0001HI

Cmo. da Fonte

Soar

CT

17,0