Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2021 Páx. 6511

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (704/2017).

Eu, Anxo Gómez Santos, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que no presente procedemento se pronunciou a Sentenza do 10.7.2018, que no seu encabezamento e pe é do teor literal seguinte:

«Sentencia 103/2018.

Vigo, 10 de xullo de 2018.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que co número 704/2017 se seguen por instancia de Ofelia Cortizo Amaro, representada por José Luis Cortizo Amaro, cuxa representación procesual lle correspondeu ao procurador Alberto Vidal Ruibal e son defendidos polo letrado Ricardo Santoro Vidal, contra Javier Vázquez Santos, que foi declarado en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha pretensión de reclamación da rendas dun contrato de alugamento de vivenda.

Resolvo:

Admito totalmente a demanda interposta por Ofelia Cortizo Amaro contra Javier Vázquez Santos, e fago, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. Condeno a Javier Vázquez Santos a aboarlle a Ofelia Cortizo Amaro a cantidade de 2.745 euros, a cal reportará unha indemnización pola demora equivalente ao xuro legal dos cartos, contada desde a data da reclamación xudicial.

Segundo. Condeno a Javier Vázquez Santos a pagar as custas do presente proceso.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás cales se lles fará saber que non é firme e que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino».

Que, en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, mediante este edicto notifícase a Javier Vázquez Santos.

Vigo, 6 de agosto de 2020

O letrado da Administración de xustiza