Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2021 Páx. 6510

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense

EDICTO de notificación de sentenza (377/2019).

Eu, María Regina Domínguez Cougil, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense,

Anuncio:

Que no presente procedemento seguido por instancia de Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. contra Pablo Evaristo Marnotes Raña foi ditada sentenza cuxo encabezamento e e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza número 187/2020. Ourense, 21 de outubro de 2020.

Vistos por min, María Teresa Marcos Mariño, xuíza en substitución do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, os presentes autos de xuízo ordinario, tramitados neste xulgado baixo o número 377/19, por instancia da mercantil Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., representada polo procurador dos tribunais Diego Rúa Sobrino e asistida do letrado Rodrigo López Sancho contra Pablo Evaristo Marnotes Raña (DNI 44482277R), en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade... Decido:

Estimar integramente a demanda interposta polo procurador dos tribunais Diego Rúa Sobrino en nome e representación da entidade Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. contra Pablo Evaristo Marnotes Raña (DNI 44482277R), en situación procesual de rebeldía, e condenar o demandado ao pagamento á demandante a cantidade de trece mil douscentos corenta e dous euros con cincuenta e un céntimos (13.242,51 €), os xuros legais do artigo 576 LAC e as custas procesuais.

Notifíquese ás partes en legal forma a presente resolución, facendo saber que esta non é firme e que se pode interpor recurso de apelación no prazo dos vinte días seguintes ao da súa notificación.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

E encontrándose o dito demandado, Pablo Evaristo Marnotes Raña, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 22 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza