Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2021 Páx. 6509

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (62/2015).

José Luis Gutiérrez Martín, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra, mediante o presente edicto anuncio:

Neste Xulgado e co nº 62/2015 séguense autos de xuízo verbal seguido por instancia de Maga Vigo, S.L. fronte a Amalia Doval Méndez, nos cales, con data do 3 de xuño de 2015, se ditou sentenza, xa firme, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Resolvo:

Que, aceptando integramente a demanda presentada pola representación procesual de Maga Vigo, S.L. fronte a Amalia Doval Méndez, condeno a demandada a lle aboar á demandante a suma de 2.000 euros na forma e co xuro establecido no fundamento xurídico cuarto da presente sentenza.

Con expresa imposición das custas do presente procedemento á parte demandada.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún, en vista da contía fixada e do disposto polo artigo 455.1 da Lei de axuizamento civil na súa redacción actualmente vixente.

Notifíqueselles ás partes.

Así o acordo, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi publicada polo xuíz que a subscribe no mesmo día da súa data, mentres realizaba a audiencia pública coa miña asistencia, o secretario, do que dou fe».

E estando a dita demandada, Amalia Doval Méndez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación na forma a esta.

Pontevedra, 9 de abril de 2019

O letrado da Administración de xustiza