Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2021 Páx. 5064

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3689/2020 MJC).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 3689/2020 MJC

Xulgado de orixe/autos: DSP. Despedimento/cesamentos en xeral 943/2019 Xulgado do Social número 5 da Coruña

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 3689/2020 desta sección, seguido por instancia de María Isabel Iglesias Mato contra Fogasa e a empresa Centro Óptico Bergantiños, S.L., sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimamos o recurso de suplicación de María Isabel Iglesias Mato, contra a Sentenza do 5 de febreiro de 2020, do Xulgado do Social número 5 da Coruña, ditada en autos 943/2019, sobre rescisión de contrato, que confirmamos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do Social de Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, para os efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Centro Óptico Bergantiños, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 30 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza