Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2021 Páx. 5066

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (433/2018).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que neste xulgado do social se ditou resolución con data do 2 de novembro de 2020, dirixida a David Díaz García, contra a cal se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días.

Faise saber igualmente que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto e que as seguintes notificacións se farán fixando copia da resolución no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamentos.

E para que sirva de notificación en legal forma a David Díaz García, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza