Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2021 Páx. 4388

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO de xuízo verbal (407/2020).

Eu, María del Carmen Fernández Matas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, polo presente, anuncio: no presente procedemento seguido por instancia de Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria, S.A. SAREB fronte a Ignorados ocupantes r/ Alfolí, n° 53, P. PB, Po C (Ares) se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Xúlgado Primeira Instancia número 5 de Ferrol

Sentencia: 140/2020

JVH xuizo verbal (desahucio precario) 407/2020

Procedemento de oxige:/

Sobre verbal arrendaticio

Demandante: Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria, S.A. SAREB

Procuradora: Elena Medina Cuadros

Abogada: María Aparicio Calzada.

Demandado: ignorados ocupantes c/ Alfolí, n° 53, P-C (Ares)

Sentenza.

En Ferrol, 30 de novembro de 2020.

Vistos por Berta Vidal Gallego, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, os presentes autos de xuízo verbal n° 407/2020, seguidos ante este xulgado, nos que son partes, como demandante Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria, Sociedad Anónima (SAREB), representada pola procuradora Elena Medina Cuadros e asistida da letrada María Aparicio Calzada, e como demandados os ignorados ocupantes do predio sito na rúa Alfolí, n° 53, piso planta baixa, porta C, 15624, Ares (A Coruña), en situación procesal de rebeldía, sobre desafiuzamento por precario, procédese, en nome do rei, a ditar a presente resolución:

Decisión:

Estimo integramente a demanda formulada pola procuradora Sra. Medina Cuadros, en representación de Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria, Sociedad Anónima (SAREB), contra os ignorados ocupantes do predio sito na rúa Alfolí, n° 53, piso planta baixa, porta C, 15624, Ares (A Coruña), en situación procesual de rebeldía, e, en consecuencia:

1. Declaro haber lugar ao desafiuzamento por precario do predio sito na rúa Alfolí, n° 53, piso planta baixa, porta C, 15624, de Ares (A Coruña).

2. Condeno os demandados a desafiuzar o dito predio deixándoo libre, vacuo e expedito á disposición do demandante, baixo apercibimento de lanzamento se non procedesen ao seu desafiuzamento.

3. Condeno os demandados a aboar as custas do presente procedemento.

Notifíquese a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que a resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da LO 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición do recurso contra esta resolución exixe a constitución do depósito de 50 euros mediante ingreso en efectivo, en calquera sucursal de Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, expediente 4797-0000-22-0407-20. O depósito da expresada suma deberá ser acreditado ao interpoñer o recurso, a cuxo escrito se achegará copia do xustificante ou da orde de ingreso, sen cuxo requisito non será admitido a trámite. Están exceptuados da obriga de constituír o depósito os que teñan recoñecido no procedemento o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, o mando e o asino.

A maxistrada».

E encontrándose os ditos demandados, ignorados ocupantes, r/ Alfolí, nº 53, P. PB, P-C (Ares), en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a estes.

Ferrol, 30 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza