Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2021 Páx. 4390

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 181/2018-M).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 181/2018 por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Laracha Metal, sobre procedemento ordinario, nos cales se ditou sentenza o 16 de decembro de 2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Estímase a demanda formulada por Fundación Laboral de la Construcción fronte á empresa Laracha Metal, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Laracha Metal, S.L. a aboar á Fundación Laboral de la Construcción a cantidade de cento catro euros con trinta e cinco céntimos de euro (104,35 euros) en concepto de achega á indicada fundación, incluída recarga por demora.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Laracha Metal expido e asino a presente.

A Coruña, 21 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza