Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2021 Páx. 4392

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 147/2018-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 147/2018 por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra Jesús Chans Cao, sobre procedemento ordinario, nos cales se ditou Sentenza do 16 de decembro de 2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Estímase a demanda formulada por Fundación Laboral de la Construcción fronte á empresa Jesús Chans Cao e, en consecuencia, condénase a empresa Jesús Chans Cao a aboar á Fundación Laboral de la Construcción a cantidade de cento sesenta e catro euros con vinte e tres céntimos de euro (164,23 euros) en concepto de achega á indicada fundación, incluída recarga por demora.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se a recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Jesús Chans Cao, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 21 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza