Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2021 Páx. 4386

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2021 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) do proceso selectivo para cubrir unha praza na categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade saúde.

Mediante a Resolución reitoral do 30 de setembro de 2019 (DOG do 11 de outubro e BOE do 26 de novembro de 2019) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional técnico/a especialista de investigación, especialidade saúde, grupo III, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2020 (DOG do 28 de xaneiro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte ao establecido na base 4.5 da convocatoria,

resolvo:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas que non están exentas deste exercicio, para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega), o día 23 de febreiro de 2021, ás 10.00 horas, no Theatre Room (Salón de Actos) do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS), Campus Vida (avenida de Barcelona, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal nos locais onde se realizase a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:

http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela