Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2021 Páx. 4045

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 276/2020).

Eu,Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 276/2020 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Confecciones Torres Tasende, S.L. e Sandra Facal Aguiar, e coa intervención do Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezado e parte dispositiva se xuntan:

«Sentenza.

A Coruña, 15 de decembro de 2020.

Miguel Herrero Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, logo de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número DSP 276/2020, sendo parte nel, dun lado como demandante Sara Fuentefría Viña, con DNI 47377603, que comparece asistida pola letrada María Irene Bonet González, e como demandados a mercantil Confecciones Torres Tasende, S.L., que non comparece malia ser citada en legal forma; Sandra Facal Aguiar, representada pola letrada Estefanía Lapido Taboada, e coa intervención do Fogasa, que non comparece malia estar citado en legal forma, sobre despedimento, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Decisión:

Estímase a demanda interposta por Sara Fuentefría Viña fronte á empresa Confecciones Torres Tasende, S.L., Sandra Facal Aguiar e Fogasa e, en consecuencia:

1. Declárase improcedente o despedimento da parte demandante con efectos do 27 de febreiro de 2020.

2. Declárase extinguido, con data da presente resolución, o contrato que une a demandante coa empresa Confecciones Torres Tasende, S.L.

3. Condénase a empresa Confecciones Torres Tasende, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de 20.881,74 euros en concepto de indemnización. Así mesmo, condénase a referida empresa a aboarlle á parte demandante a cantidade de 11.177,76 euros correspondente a salarios de tramitación desde o despedimento ata a data desta resolución.

Respecto ao Fogasa, terase en conta a responsabilidade establecida no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberán anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á mercantil Confecciones Torres Tasende, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza