Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2021 Páx. 4047

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (640/2019).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento 640/2019 deste xulgado do social se ditou a seguinte resolución, cuxa decisión é a seguinte:

«Decisión debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Laura Bello Suárez fronte a Ende Ben Ordes, S.L., con intervención da administración concursal da empresa e Fogasa e, en consecuencia:

1. Declaro a improcedencia do despedimento da parte demandante verificado o 17 de xuño de 2019.

2. Declaro extinguida a relación laboral na data do despedimento.

3. Condeno a parte demandada a aboarlle á demandante unha indemnización por despedimento de 974,97 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, ou por simple manifestación no momento en que se practique a notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Ende Ben Ordes, S.L. en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza