Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 22 de xaneiro de 2021 Páx. 4043

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 585/2018).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 585/2018 deste xulgado do social, seguido contra a mercantil Abae Sisters, S.L., e coa intervención do Fogasa sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se achegan:

«A Coruña, 2 de outubro de 2020.

Lara Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Lucía Regina Muradas Presto, que comparece representada polo letrado Sr. Vidal Pan, contra a empresa Abae Sister, S.L., que non comparece, e o Fondo de Garantía Salarial, que comparece representado pola letrada Sra. Prósper Montalvo, ditou a seguinte

Decisión:

Que estimando en parte a demanda interposta por Lucía Regina Muradas Presto contra a empresa Abae Sister, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de mil sesenta e dous euros e dezasete céntimos (1.062,17 €), incrementada co xuro por mora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial, dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á mercantil Abae Sisters, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza