Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2021 Páx. 3097

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oímbra

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de reforma interior (PERI) para vivendas de promoción pública.

O Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 28 de decembro de 2020, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o Plan especial de reforma interior (PERI) para vivendas de promoción pública no concello de Oímbra.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia. Unha vez publicado, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir o Plan especial de reforma interior (PERI) para vivendas de promoción pública no concello de Oímbra no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Unha vez inscrito no rexistro, publicarase a normativa no Boletín Oficial da provincia.

O contido íntegro do dito plan queda ao dispor do público na sede electrónica do Concello de Oímbra: http://oimbra.sedelectronica.gal.

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado plan especial poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Oímbra, 12 de xaneiro de 2020

Ana Mª Villarino Pardo
Alcaldesa