Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2021 Páx. 3098

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas a titulares descoñecidos e a aqueles a que non foi posible notificar.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (LPDCIF), en relación co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e debido a que os titulares dos inmobles que se relacionan a seguir son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación ou ben non puideron ser notificados por causas non imputables ao Concello de Ordes, notifícase ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta pola LPDCIF na letra e) do artigo 7 e no artigo 22.1, no prazo de quince (15) días, que comezarán a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro das citadas notificacións, así como da totalidade do expediente administrativo, está ao dispor dos interesados nas oficinas municipais do Concello de Ordes, situadas na rúa Alfonso Senra, nº 108, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Expediente

Identificación predio

Titular/es

Condición do titular

2020/G003/000752

224-Predio ZCP Beán-Pereira II

Francisco Pedrouzo Villaverde

Titular ficha atribucións ZCP

2020/G003/000807

15060A501002310000LF

Herdeiros de Manuela Regueiro García

Titular catastral

2020/G003/000807

15060A501002390000LJ

José I Regueiro Castro

Titular catastral

2020/G003/000859

185-Predio ZCP Beán-Pereira II

Antonio Iglesias Lata

Titular ficha atribucións ZCP

Ordes, 18 de decembro de 2020

José Luis Martínez Sanjurjo
Alcalde