Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2021 Páx. 2806

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (PO 518/2018).

PO procedemento ordinario 518/2018

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: María Consuelo Riveiro González

Avogado/a: María Milagros Verde Crespo

Demandados: Fogasa, Hottelia Externalizacion y Servicios de Outsourcing España, S.L., Hottelia Externalización, S.L., Ummana Gestión Madrid, S.L. e Imiola Quality, S.L., Mutua Asepeyo

Avogado/a: letrado de Fogasa, Jesús Laguna Álvarez, Javier Balo Couto

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución do día da data, no proceso seguido por instancia de María Consuelo Riveiro González contra Hottelia Externalización y Servicios de Outsourcing España, S.L., Hottelia Externalización, S.L., Ummana Gestion Madrid, S.L. e Imiola Quality, S.L. e Mutua Asepeyo en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 518/2018 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar Hottelia Externalización, S.L., en ignorado paradoiro, a fin de que compareza o día 9.2.2021 ás 13.45 horas, na planta baixa, sala 1, Edif. rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, aos cales comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Hottelia Externalización, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza