Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2021 Páx. 2804

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de auto (DSP 511/2020).

Eu, Esther Solano Gutiérrez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social de Reforzo bis da Coruña, fago saber que no procedemento despido/cesamentos en xeral 511/2020 deste Xulgado do Social, seguidos por instancia de José Manuel Curras Celeiro contra a empresa Fondo de Garantía Salarial, Logitráns Otero, S.L. Logitráns Otero, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Auto.

Maxistrada xuíza: Ana María Souto González.

Na Coruña, catro de decembro de dous mil vinte.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Neste xulgado séguense o procedemento de despedimento nº 511/2020, nos que intervén como parte demandante Manuel Curras Celeiro, e como parte demandada Logitráns Otero, S.L.

Segundo. Con data do 16 de outubro de 2020 celebrouse o acto de xuízo, coa asistencia da parte demandante, pero sen a comparecencia da demandada, quedando os autos vistos para sentenza.

Terceiro. De oficio advertiuse a falta de citación de parte demandada, Logitráns Otero, S.L., ao acto da vista.

Parte dispositiva.

Declárase a nulidade das actuacións no presente procedemento, repoñendo estas ao momento inmediatamente anterior á celebración do xuízo, procedendo a fixar un novo sinalamento, e á súa notificación na forma legalmente prevista nos a LRXS.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte esta non cabe recurso (art. 241 LOPX e 228.2 da LAC).

Así o pronuncia, manda e asina.

E para que sirva de notificación en legal forma a Logitráns Otero, S.L. Logitráns Otero, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza