Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2021 Páx. 2802

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 1043/2019).

Eu, Esther Solano Gutiérrez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social reforzo bis da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1043/2019 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Rubén Alejandro Otero Blanco contra a empresa Caracas 2019, S.L., sobre ordinario, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Sentenza:

A Coruña, 10 de decembro de 2020.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña e o seu partido, os presentes autos 1043/2019, seguidos por instancia de Rubén Alejandro Otero Blanco, asistido polo letrado Sr. Pedreira Candal, contra Caracas 2019, S.L.

Decido:

Estimar a demanda presentada por instancia de Rubén Alejandro Otero Blanco, asistido polo letrado Sr. Pedreira Candal, contra Caracas 2019, S.L. e, en consecuencia, condeno a demandada a aboar ao actor a cantidade total de 1.678,63 euros como cantidades debidas máis o xuro de legal da devandita cantidade.

E igualmente condénase a demandada ao pagamento dos honorarios do letrado, que se cuantifican no importe de 250 euros.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolle saber que esta é firme e que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncia, manda e asina».

E para que sirva de notificación en legal forma a Caracas 2019, S.L., Rubén Alejandro Otero Blanco, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 11 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza