Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2021 Páx. 2808

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (ETX 111/2020).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 111/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Álvaro Pereira Morales contra Durcal Ocio y Comercio, S.L., Fogasa, foi pronunciada a resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2020.

Parte dispositiva.

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía Álvaro Pereira Morales con Durcal Ocio y Comercio, S.L. e condeno Durcal Ocio y Comercio, S.L. a aboar a Álvaro Pereira Morales a suma de 3.440,80 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral e a suma de 20.400 euros en concepto de salarios de tramitación.

Respecto á taxación de custas da execución, pásense os autos á letrada da Administración de xustiza para que realice esta no trámite que corresponda.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Dilixencia. Seguidamente cúmprese o ordenado. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Durcal Ocio y Comercio, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza