Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2021 Páx. 2810

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (ETX 93/2020).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 93/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Giedre Macioniene contra Natalia Regueiro López e o Fogasa, foi pronunciada a resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, vinte e sete de novembro de dous mil vinte.

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada Natalia Regueiro López en situación de insolvencia parcial polo importe de 1.322,34 euros en concepto de principal (indemnización) e 187,58 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan producirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñeceren novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva para efectos publicitarios a declaración de insolvencia da executada, Natalia Regueiro López, procédase á súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza