Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2021 Páx. 657

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 11/2015).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de seguridade social 0000011/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Asepeyo Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales contra Agrajes, S.L.; Mutua Fremap, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ferlosa, Ultransa, S.L.; Manuel López, Pizarras La Campa, S.L. e Benito López Ferreiro, sobre seguridade social, se ditou a sentenza cuxa resolución é do seguinte teor literal:

«Resolvo:

Rexeitar a demanda formulada por Mutua Asepeyo e declarar que Manuel López está afecto dunha incapacidade permanente total para a súa profesión habitual de labrador de lousa, con base reguladora de 1.570,04 euros e efectos desde o 13.6.2014, e que debe asumir o pagamento do seguinte xeito:

– INSS: 81,18 %.

– Fremap: 16,94 %.

– Asepeyo: 1,88 %.

Absolver o resto de intervenientes nas presentes actuacións.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpor, ante este xulgado, recurso de suplicación que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso de suplicación deberá anunciarse ante este xulgado, por escrito ou comparecencia, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación da sentenza.

Ao anunciar o recurso deberá xuntarse o documento que acredite o ingreso de 300 euros como depósito para recorrer no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento número 2322-0000-65-0011-15, baixo apercibimento de non dar trámite ao recurso, salvo que o recorrente sexa traballador, habente causa seu, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes destes, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condene ao pagamento de cantidade, o recorrente que non goce do beneficio da xustiza gratuíta deberá acreditar, no momento de anunciar o recurso, ter consignado no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento 2322-0000-60-0011-15, a cantidade obxecto da condena. Pode substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadoiro no primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

En caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberá dirixirse á conta ES55 0049 3569 92 0005001274 e facer constar como beneficiario o Xulgado do Social número 1 de Lugo e como concepto o número de conta correspondente ao presente procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

Advírtase o recorrente que fose entidade xestora e fose condenada ao aboamento dunha prestación da Seguridade Social de pagamento periódico, que ao anunciar o recurso deberá xuntar a certificación acreditativa de que comeza o aboamento desta e que o proseguirá puntualmente mentres dure a súa tramitación.

Líbrese o testemuño desta resolución para a súa incorporación ás actuacións, con inserción do orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgado na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en forma legal a Agrajes, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, catro de decembro de dous mil vinte

O letrado da Administración de xustiza