Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2021 Páx. 655

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 201/2019).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 201/2019 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Servipertu, S.L.U., sobre despedimento, foi pronunciada resolución cuxa parte dispositiva di:

«Na cidade da Coruña, no 19 de febreiro de dous mil vinte.

Lara Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos sobre despedimento, por instancia de María del Mar Pallas Vázquez, que comparece representada pola letrada Sra. Díaz Bello, contra as empresas Atlantic Ponte, que comparece representada polo letrado Sr. Barros Castro, e Servipertu, S.L.U., que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza:

Decido que, desestimando a demanda interposta por María del Mar Pallas Vázquez contra as empresas Atlantic Ponte e Servipertu, S.L.U., debo absolver e absolvo a parte demandada de todos os pedimentos desta.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, ou causa habente dun deles, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banco Santander a nome desta oficina xudicial.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado ou graduado social para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servipertu, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza