Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2021 Páx. 654

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño

EDICTO (DCT 78/2017).

Eu, Luis Fernández-Arias González, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño, fago saber que no procedemento DCT 78/2017, seguido por instancia de José Antonio Ribeiro Lopes contra Margarita Gago Cao, se ditou a Sentenza número 120/2020, do 30 de novembro, que acepta a demanda e contra a cal cabe recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde a súa notificación e do cal coñecerá a Audiencia Provincial de Pontevedra.

O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en forma legal a Margarita Gago Cao, en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

O Porriño, 2 de decembro de 2020

O letrado da Administración de xustiza