Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2021 Páx. 364

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Vigo

EDICTO (677/2019).

Margarita Caloto Galanes, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Vigo, mediante este edicto anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal nº 677/2019, seguido por instancia de Rosalía Otero Pino fronte a Santiago Manuel Serén Cruz, ditouse a seguinte sentenza:

Vigo, 6 de outubro de 2020

Procedemento: xuízo verbal 677/2019

Obxecto: arrendamentos urbanos

Maxistrada: María de la Luz Álvarez Lagarón

Demandante: Rosalía Otero Pino

Procuradora: María Jesús Toucedo Guisande

Letrado: Gerardo Acosta Padín

Demandado: Santiago Manuel Serén Cruz

Procurador/a: sen profesional designado

Letrado/a: sen profesional designado

Resolvo:

Acepto a demanda presentada por Rosalía Otero Pino contra Santiago Manuel Serén Cruz e condeno o demandado ao pagamento á demandante da cantidade de 2.869,89 euros, máis os xuros legais xerados pola devandita cantidade desde a interposición da demanda; así como ao pagamento das custas.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra (artigo 455 da LAC). O recurso interporase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación, no cal o apelante deberá expor as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna (artigo 458.2 da LAC).

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E, estando o devandito demandado, Santiago Manuel Serén Cruz, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación na forma a este por medio da súa publicación no DOG.

Vigo, 7 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza