Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2021 Páx. 366

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 135/2018 MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 135/2018 por instancia de Paula Montero Blanco contra Creaciones Marijose, S.L., sobre PO, nos cales se ditou a Sentenza do 1 de decembro de 2020 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolvo:

Acéptase parcialmente a demanda formulada por Paula Montero Blanco fronte á empresa Creaciones Marijose, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Creaciones Marijose, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de oitocentos setenta e dous euros con noventa e sete céntimos de euro (872,97 euros), os conceptos salariais xerarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e debe anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución; abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se a recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social númeri 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación na forma á empresa Creaciones Marijose, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 4 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza