Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2021 Páx. 368

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 526/2020).

Eu, Esther Solano Gutiérrez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 526/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mayerling María Polar Graterol contra a empresa Servicios de Hostelería Caramuxo, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Sentenza.

A Coruña, 19 de outubro de 2020.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social núm. 3 da Coruña, os presentes autos número 526/2020 sobre despedimento, seguidos por instancia de Mayering María Polar Graterol, asistida pola letrada Sra. Couceiro Cachaldora, contra Servicios de Hostelería Caramuxo, S.L.

Resolvo:

Estímase a demanda interposta por Mayering María Polar Graterol, asistida pola letrada Sra. Couceiro Cachaldora, contra Servicios de Hostelería Caramuxo, S.L., e declárase a improcedencia do despedimento efectuada pola demandada con efectos do 20 de maio de 2020. En consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita a traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 45,73 euros diarios ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 628,79 euros por despedimento improcedente.

A opción do empresario entre a readmisión da traballadora ou a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicios de Hostelería Caramuxo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza