Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2021 Páx. 87

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se regulan os procedementos de comunicación de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos (códigos de procedemento IN624C e IN624D) e a súa inscrición de oficio no Rexistro de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos de Galicia.

O Real decreto 2085/1994, de 20 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de instalacións petrolíferas, establece no seu artigo 6 que as instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos se comunicarán ao órgano competente da Comunidade Autónoma previamente á súa posta en marcha e serán inscritas por este de oficio no rexistro previsto no artigo 44 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos. Este rexistro, creado en Galicia mediante a Orde do 24 de maio de 2006, é o Rexistro de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos.

De acordo co que antecede,

RESOLVO:

1. Regular os procedementos de comunicación de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos, que terán asignados os códigos de procedemento IN624C e IN624D.

2. Publicar os modelos de comunicación de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos, que se recollen nos anexos I e II desta resolución.

3. Os procedementos IN624C e IN624D son procedementos administrativos de prazo aberto.

4. O titular da instalación de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos, unha vez finalizada a súa execución e previamente á súa posta en servizo, deberá presentar unha das comunicacións cuxos modelos se recollen como anexos I e II deste decreto, segundo corresponda polo tipo de instalación.

5. A presentación da comunicación comportará a inscrición de oficio da instalación no Rexistro de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos. A inscrición no Rexistro non supón un pronunciamento favorable da Administración sobre a idoneidade das instalacións respecto da normativa que lle sexa de aplicación.

6. Unha vez presentada a comunicación, poderase iniciar a actividade de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos, sen prexuízo das facultades de verificación e control das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de industria.

7. Calquera variación nos datos comunicados deberá ser comunicada a través dos mesmos procedementos no prazo máximo de 15 días desde que teña lugar.

8. Establécese a obriga de relacionarse a través de medios electrónicos para estes procedementos, ao considerarse acreditado que o colectivo de persoas físicas solicitantes ten suficiente capacidade económica e técnica para ter acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios.

9. As comunicacións presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados recollidos nos anexos I e II, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa comunicación presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da comunicación aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

10. As persoas interesadas deberán achegar coa comunicación a seguinte documentación:

A) Procedemento IN624C «Instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos. Subministración a vehículos»:

a) Alta de instalación:

Proxecto.

Dirección de obra.

Certificado de probas de resistencia e estanquidade antes de soterrar as canalizacións.

Certificado de instalación emitido por unha empresa instaladora habilitada.

Aprobación de modelo e de verificación primitiva ou declaración de conformidade CE para os aparellos surtidores.

Contrato de subministración en exclusiva ou de outorgamento do título que confira a xestión directa ou indirecta da instalación, de ser o caso.

b) Baixa de instalación:

Documentación que reflicta a posta en fóra de servizo de toda a instalación.

Certificado de realización das obras de posta en fóra de servizo.

Certificado de realización da inertización de depósitos.

Documentos de xestión dos residuos tras a retirada dos depósitos.

c) Cesamente de actividade de duración superior a un mes:

Comunicación do período de tempo que estará pechada.

Certificado de organismo de control da limpeza e desgasificación dos depósitos.

Documento de control e seguimento de residuos perigosos.

Documentación acreditativa en que se indiquen as medidas de seguridade adoptadas para o bo mantemento das instalacións durante o cesamento.

d) Cambio de titularidade:

Documento acreditativo da nova titularidade.

e) Modificación substancial:

e.1) Substitución total ou parcial de tanques xunto coas tubaxes asociadas:

Proxecto.

Dirección de obra.

Certificado de instalación emitido por unha empresa instaladora habilitada.

Certificado das probas de resistencia e estanquidade.

Certificado do cumprimento da MI-IP-06.

e.2) Incremento da capacidade de almacenamento e/ou das tubaxes de impulsión, de aspiración ou de vapor:

Proxecto.

Dirección de obra.

Certificado de instalación emitido por empresa instaladora habilitada.

Certificado das probas de resistencia e estanquidade.

Certificado do cumprimento da MI-IP-06.

e.3) Incremento das posicións de subministración e/ou das tubaxes de impulsión, de aspiración ou de vapor:

Proxecto.

Dirección de obra.

Certificado de instalación emitido por unha empresa instaladora habilitada.

Certificado das probas de resistencia e estanquidade.

e.4) Incorporación de instalacións de subministración de combustibles gasosos ou calquera outro tipo de enerxía para a subministración a vehículos:

Proxecto da instalación en que se xustifique o cumprimento do regulamento correspondente segundo a instalación que se incorpore (baixa tensión, combustibles gasosos, etc.) e o cumprimento da MI-IP-04.

Dirección de obra.

Legalización da instalación que se incorpore.

e.5) Ampliacións ou modificacións de importancia da instalación eléctrica conforme o Regulamento de baixa tensión:

Proxecto da ampliación ou modificación na instalación eléctrica de baixa tensión onde se xustifique tamén o cumprimento da MI-IP-04.

Dirección de obra.

Legalización da instalación de baixa tensión.

e.6) Cambio de réxime de instalación atendida a desatendida:

Proxecto.

Dirección de obra.

Certificado de instalador de produtos petrolíferos líquidos de que a instalación segue a cumprir coa ITC MI-IP-04.

Declaración de conformidade dos surtidores (se procede).

Avaliación técnica de idoneidade do sistema de extinción automática (se procede).

Legalización da instalación de protección contra incendios.

Legalización da instalación de baixa tensión (se procede).

Protocolo de actuación no caso de descarga da cisterna unicamente polo condutor dela.

Contrato co centro de control, se é alleo; no caso de ser propio, o proxecto deberá xustificar o cumprimento do establecido no punto 13.2 da ITC-IP-04.

Para as instalacións que operen as 24 horas do día en réxime desatendido, procedemento de inspección periódica e libro de visitas.

e.7) Reparación in situ de tanques enterrados:

Certificado de organismo de control da limpeza e desgasificación dos depósitos.

Certificado emitido pola empresa reparadora onde se fagan constar os resultados dos traballos que foron realizados conforme o informe UNE 53991 IN e o estudo-proxecto presentado ante a Comunidade Autónoma.

Documento de control e seguimento de residuos perigosos.

e.8) Transformación in situ de tanques enterrados de simple a dobre parede:

Certificado de organismo de control da limpeza e desgasificación dos depósitos.

Certificado emitido pola empresa reparadora onde se certifiquen os ensaios realizados e a conformidade coa norma UNE 62422 ou UNE 53935.

Documento de control e seguimento de residuos perigosos.

e.9) Compartimentación in situ de tanques enterrados:

Certificado de organismo de control da limpeza e desgasificación dos depósitos.

Certificado emitido pola empresa reparadora onde se certifiquen os ensaios realizados e a conformidade coa norma UNE que aplique para a compartimentación in situ.

Documento de control e seguimento de residuos perigosos.

f) Outras modificacións:

Memoria descritiva das modificacións realizadas.

B) Procedemento IN624D Instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos. Parques de almacenamento:

a) Alta de instalación:

Proxecto.

Dirección de obra.

Certificado de probas de resistencia e estanquidade antes de soterrar as canalizacións.

Certificado de instalación emitido por empresa instaladora habilitada.

Aprobación de modelo e de verificación primitiva ou declaración de conformidade CE para os aparellos surtidores.

Contrato de subministración en exclusiva ou de outorgamento do título que confira a xestión directa ou indirecta da instalación, de ser o caso.

b) Baixa de instalación:

Documentación que reflicta a posta en fóra de servizo de toda a instalación.

Certificado de realización das obras de posta en fóra de servizo.

Certificado de realización da inertización de depósitos.

Documentos de xestión dos residuos tras a retirada dos depósitos.

Documento de control e seguimento de residuos perigosos.

c) Cambio de titularidade:

Documento acreditativo da nova titularidade.

d) Modificación substancial:

d.1) Substitución total ou parcial de tanques xunto coas tubaxes asociadas:

Proxecto.

Dirección de obra.

Certificado de instalación emitido por empresa instaladora habilitada.

Certificado das probas de resistencia e estanquidade.

Certificado do cumprimento da MI-IP-06.

d.2) Incremento da capacidade de almacenamento ou das posicións de subministración e/ou das tubaxes de impulsión, de aspiración ou de vapor:

Proxecto.

Dirección de obra.

Certificado de instalación emitido por empresa instaladora habilitada.

Certificado das probas de resistencia e estanquidade.

Certificado do cumprimento da MI-IP-06.

d.3) Ampliacións ou modificacións de importancia da instalación eléctrica conforme o Regulamento de baixa tensión:

Proxecto.

Dirección de obra.

Certificado de instalación emitido por empresa instaladora habilitada.

Certificado das probas de resistencia e estanquidade.

d.4) Reparación in situ de tanques:

Proxecto.

Dirección de obra.

Certificado de instalación emitido por empresa instaladora habilitada.

Proxecto da instalación en que se xustifique o cumprimento do regulamento correspondente segundo a instalación que se incorpore (baixa tensión, combustibles gasosos, etc.) e o cumprimento da MI-IP-04.

Legalización da instalación que se incorpore.

d.5) Outras modificacións substanciais:

Proxecto.

Dirección de obra.

Certificado de instalación emitido por empresa instaladora habilitada.

Proxecto da ampliación ou modificación na instalación eléctrica de baixa tensión onde se xustifique tamén o cumprimento da MI-IP-02.

Legalización da instalación de baixa tensión.

e) Outras modificacións:

Memoria descritiva das modificacións realizadas.

11. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da comunicación, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

12. Para tramitar estes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

1. DNI ou NIE da persoa comunicante.

2. DNI ou NIE da persoa representante.

3. NIF da persoa xurídica comunicante.

4. NIF da persoa xurídica representante.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

13. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de Administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do sistema de notificacións electrónicas de Galicia, Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de Administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e entenderanse rexeitadas cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

14. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da comunicación deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

15. De conformidade coa disposición adicional sexta da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de Administración dixital de Galicia, os modelos normalizados aplicables na tramitación dos procedementos regulados nesta disposición poderán ser actualizados co fin de mantelos adaptados á normativa vixente. Para estes efectos, será suficiente a publicación dos modelos actualizados na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente accesibles para todas as persoas interesadas, sen que sexa necesaria unha nova publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2020

Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file