Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2021 Páx. 175

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente-e IN407A 2020/111-1).

Expediente-e: IN407A 2020/111-1.

Promotora: Distribuidora Eléctrica Néboa, S. L.

Denominación da instalación: LMTS e CT O Castro en caseta de 160 kVA a 6/20 kV e modificación das redes de baixa tensión NIA023-1 canteira/ NIA 023-2, no lugar do Castro.

Concello: As Pontes de García Rodríguez.

Feitos:

1. O 17 de xuño do 2020, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica. Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os documentos seguintes:

– Proxecto de execución denominado LMTS e CT O Castro en caseta 160 kVA - 6/20 kV e modificación RBT NIA023-1 canteira/NIA 023-2 O Castro, asinado por Ramón Gómez Morandeira.

– Anexo modificado ao proxecto técnico de LMTS e CT O Castro en caseta 160 kVA- 6/20 kV xunto coa modificación RBT NIA023-1 canteira/NIA 023-2 O Castro, asinado por Ramón Gómez Morandeira.

– Anexo II ao proxecto técnico de LMTS e CT O Castro en caseta 160 kVA - 6/20 kV e modificación RBT NIA023-1 canteira/NIA 023-2 O Castro, asinado por Ramón Gómez Morandeira.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Servizo de Patrimonio Natural da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello das Pontes de García Rodríguez. Actualmente non consta no expediente resposta do organismo afectado á solicitude do condicionado solicitado, é dicir, o Concello. A empresa promotora achega unha resolución do Servizo de Patrimonio Natural de autorización para realizar as obras da instalación de distribución eléctrica en Rede Natura 2000.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1) O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o artigo 66.a) do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ao abeiro da disposición transitoria terceira do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.

2) A lexislación que se aplicará neste expediente é a que se relaciona a seguir:

a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

d) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

e) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

f) A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3) As características técnicas da instalación son as que se describen a seguir:

• Modificación da LMTA existente e derivación Miguelares de 6 kV por mor do cambio da situación do apoio 80 consistente na substitución de 247 m de condutor LA 30 existente por LA 56, entre os apoios 79 e 81.

• LMTS a 6/20 kV con E/ S en CT proxectado ( CT O Castro), condutor tipo RHZ1-2OL -12/20 kV (1x150 mm2 Al) con orixe e remate na LMT, derivación Miguelares existente desde o novo apoio C-14/2000 con dobre paso aerosubterráneo con 64 m de lonxitude.

• Centro de transformación (CT) en caseta prefabricada 2L 1P 160 kVA (6-20/0,4 kV), con celas SF6 e trafo con illamento en aceite mineral.

4) No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe, no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 7 de decembro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Disposición transitoria terceira do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.