Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2021 Páx. 167

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica situada no termo municipal de Valdoviño (expediente IN407A 2019/104-1).

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S. A.

Denominación da instalación: reforma CT Pantín-Beceiros.

Feitos.

Primeiro. O centro de transformación (CT) CT Pantín-Beceiros (matrícula 15CU43) é un elemento pertencente á arquitectura da liña de media tensión CDR-804 da rede de distribución de UFD que está inscrito no Rexistro de instalacións eléctricas de alta tensión baixo os expedientes administrativos 5.246 e 51.736, que dispoñen de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución outorgadas polo órgano competente ao abeiro da normativa vixente en cada momento.

Segundo. Con data do 30 de marzo de 2016, UFD solicitou, de conformidade co disposto na disposición transitoria terceira do Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE nº 139, do 9 de xuño), a regularización administrativa de instalacións en explotación e a emisión da autorización de explotación da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada CT Pantín-Beceiros. Para a súa tramitación foille asignado o número de expediente IN407A 2016/394-1.

Terceiro. Cumprido satisfactoriamente o procedemento disposto na disposición transitoria terceira do mencionado Real decreto 337/2014, con data do 3 de maio de 2016, a daquela denominada Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña emitiu a autorización de explotación da dita regularización administrativa a favor de UFD.

Cuarto. Mediante a presentación da escritura do 27 de setembro de 2018, de elevación a público de acordos sociais sobre cambio de denominación social e modificación de artigo estatutario, outorgada ante o notario de Madrid Fernando de la Cámara García, Unión Fenosa Distribución, S.A. puxo en coñecemento desta administración que pasou a denominarse UFD Distribución Electricidad, S.A.

Quinto. O 15 de maio de 2019, UFD presentou a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación denominada reforma CT Pantín-Beceiros, xunto coa seguinte documentación:

• Proxecto de execución, que inclúe memoria, planos e orzamento segundo os artigos 123 e 130 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, subscrito polo enxeñeiro industrial Miguel Ángel Bernal López (colexiado nº 2.901, do I.C.O.E.I. de Galicia).

• No punto 4. Regulamentación, do anterior documento, o técnico competente proxectista acredita o cumprimento da normativa de aplicación nos termos dispostos no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo).

• Declaración responsable, asinada o 31 de xaneiro de 2018 polo citado técnico proxectista, de competencia para a súa redacción conforme o anexo XIX do Decreto 51/2011, do 17 de marzo, polo que se actualiza a normativa en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CD do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro, relativa aos servizos no mercado interior (DOG nº 65, do 1 de abril).

• Separata da parte do proxecto que afecta bens, instalacións, obras ou servizos, dependentes do Concello de Valdoviño, redactada polo mesmo técnico competente, xunto coas declaracións responsables en idénticos termos aos expostos para o proxecto de execución.

Para a súa tramitación foille asignado o número de expediente administrativo IN407A 2019/104-1.

Sexto. Con datas do 12 de xuño de 2020 e 24 de novembro de 2020, UFD completou a solicitude indicada no parágrafo anterior ao presentar a documentación requirida por esta xefatura o 8 de xullo de 2019, que é:

• Separata da parte do proxecto que afecta bens, instalacións, obras ou servizos, dependentes do Servizo de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, redactada polo mesmo técnico competente, xunto coas declaracións responsables en idénticos termos aos expostos para os anteriores documentos técnicos.

• Comunicación en que informa de que non é necesaria a declaración responsable a que fai referencia o artigo 38.2 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, da Presidencia da Xunta de Galicia, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, en canto as obras incluídas no proxecto de execución non afectan bens ou dereitos de propiedade particular distintos aos xa recollidos nos expedientes 5.246 e 51.736.

Sétimo. De conformidade cos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, con datas do 22 de maio de 2019 e 19 de xuño de 2020 esta xefatura territorial trasladou as separatas técnicas da instalación ao Concello de Valdoviño e á Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Coruña (Servizo de Patrimonio Natural), pola súa condición de entidades con bens e/ou dereitos afectados, para os efectos de obter os seus informes respecto da solicitude feita por UFD.

Consideracións legais e técnicas.

1. Normativa de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE nº 68, do 18 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE nº 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 1048/2013, do 27 de decembro, polo que se establece a metodoloxía para o cálculo da retribución da actividade de distribución de enerxía eléctrica (BOE nº 312, do 30 de decembro).

– Lei 21/2013, do 9 de decembro, da Xefatura do Estado, de avaliación ambiental (BOE nº 296, do 11 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo).

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, da Presidencia da Xunta de Galicia, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203, do 25 de outubro).

– Decreto 135/2017, do 28 de decembro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 18, do 25 de xaneiro de 2018).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

– Decreto 130/2020, do 17 de setembro, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG nº 190, do 18 de setembro).

2. A Xefatura Territorial é o órgano competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria; no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, e na disposición transitoria terceira do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.

3. As características máis significativas da proxecto de reforma CT Pantín-Beceiros, para o cal se solicitan as autorizacións administrativas previa e de construción, son:

– Obxecto: mellora da calidade da subministración de enerxía eléctrica nos lugares de Domondó, Lagares, A Laxe, O Mouriscal, A Pereira, A Ramalleira, O Talieiro e Anidos, todos eles pertencentes á parroquia de Pantín, no termo municipal de Valdoviño.

– Reforma integral da caseta de obra civil que aloxa o CT Pantín-Beceiros (expedientes 5.246, 51.736 e IN407A 2016/394-1), consistente na adecuación ás exixencias regulamentarias do acceso, da ventilación, da beirarrúa perimetral, da instalación do pozo para a recollida do aceite e do sistema apagalumes, da instalación de nova canle de entrada de condutores no CT e da impermeabilización da cuberta da caseta.

– Substitución da aparellaxe de media e baixa tensión existente por un módulo compacto de manobra exterior cunha configuración de celas 2L+1P con illamento e corte en SF6 telecontroladas e do transformador de 100 kVA de potencia actualmente instalado por un novo transformador de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,4-0,23 kV.

– Adecuación da alimentación ao CT reformado mediante a instalación nas fachadas da caseta de novos xogos de conexión coa LMTA CDR-704 dotados de pararraios autoválvulas e do tendido entre estes dun novo treito de 26 metros de lonxitude de condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al).

Localización das instalacións: Os Veceiros (coordenadas UTM, X: 571.730/Y: 4.830.518), Pantín. Termo municipal de Valdoviño.

Orzamento: 35.232,09 €.

4. Considerando o disposto no artigo 38.2 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, da Presidencia da Xunta de Galicia, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e á vista da documentación achegada por UFD, o proxecto denominado Reforma CT Pantín-Beceiros está exento de ser sometido ao trámite de información pública.

5. Non consta no expediente que nin o Concello de Valdoviño nin a Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Coruña (Servizo de Patrimonio Natural) atendesen a petición de informes nin a súa reiteración, feitas por esta xefatura territorial o 28 de xuño de 2019 e o 16 de setembro de 2020, respectivamente, de tal xeito que, segundo o disposto no artigo 131.2.b) do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, se entende a conformidade de ambas as administracións coa proposta de UFD.

6. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial en que se fai constar que o proxecto de reforma CT Pantín-Beceiros cumpre coas exixencias regulamentarias definidas no Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, e no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, que non se encontra entre os supostos previstos nos anexos I e II da Lei 21/2013, do 9 de decembro, da Xefatura do Estado, de avaliación ambiental, aos cales se debería exixir o sometemento a avaliación ambiental, ben ordinaria, ben simplificada e que a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción feita por UFD cumpre cos requisitos legais.

De acordo con todo o indicado, propoño:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción do proxecto técnico denominado Reforma CT Pantín-Beceiros, coas seguintes condicións:

1. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e cos planos que figuran no proxecto de execución asinado polo enxeñeiro industrial Miguel Ángel Bernal López (colexiado nº 2.901, do I.C.O.E.I. de Galicia).

2. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente, tal e como dispón o artigo 120.2 do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

3. UFD respectará, ademais de todos os requisitos e obrigas establecidos nos condicionados emitidos por outras administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral para este expediente IN407A 2019/104-1, os que xa constan nos expedientes administrativos 5.246 e 51.736 baixo os cales foron outorgadas as autorizacións para o establecemento do CT Pantín-Beceiros e as súas posteriores modificacións.

4. Considerando a planificación de UFD, as instalacións serán executadas no prazo de seis (6) meses, contado a partir da data da última autorización necesaria para a construción da infraestrutura de referencia.

5. A posta en servizo da instalación (autorización de explotación) deberá ser expresamente solicitada polo seu titular, ante esta xefatura territorial, unha vez construída a infraestrutura e rematadas as operacións de mantemento proxectadas, quen lle deberá xuntar á citada solicitude a seguinte documentación:

– Certificado do director da montaxe (certificado final de obra) no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas que sexan de aplicación na montaxe e posta a punto.

– Declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e certificacións ou homologacións, se procede, segundo establece o punto 3.d) da ITC-RAT 22 do Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, ou xustificación da non necesidade.

– Resultado das verificacións e dos ensaios previos á posta en servizo, segundo establece o punto 2 da ITC-LAT 05 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, ou xustificación da non necesidade.

6. Esta xefatura territorial reserva para si o dereito a deixar sen efecto esta autorización no momento en que se comprobe o incumprimento das condicións regulamentarias ou de calquera das condicións precedentes.

A Coruña, 7 de decembro de 2020

Juan José Iglesias Suárez
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas

Vista a proposta de resolución que antecede, doulle a miña conformidade nos termos expostos e elévoa a resolución.

Notifíqueselle á sociedade UFD Distribución Electricidad, S.A. esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), e fágase constar que poderá interpor recurso de alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación, ante o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da citada Lei 39/2015, sen prexuízo de que os interesados poidan promover calquera outra acción que consideren pertinente para a defensa dos seus intereses.

A Coruña, 7 de decembro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

(Disposición transitoria terceira do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia).