Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2021 Páx. 179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 15 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se notifica a varios interesados a Resolución do 17 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se concede a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e se declara de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Monte Tourado, situado no concello de Vimianzo (A Coruña) e promovido pola sociedade Greenalia Wind Power Monte Tourado, S.L.U. (expediente IN661A 2010/5-1).

Pola Resolución do 17 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, concedeuse a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, e se declarou de utilidade pública, en concreto, o parque eólico Monte Tourado, situado no concello de Vimianzo (A Coruña) e promovido pola sociedade Greenalia Wind Power Monte Tourado, S.L.U. (expediente IN661A 2010/5-1).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, despois dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2020

Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Relación de predios afectados

Predio do proxecto nº

Polígono

Parcela

Concello

Interesado

Acto que se notifica

33

50

324

Vimianzo

Hdros de Manuel Arias Hermida

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración de utilidade pública

125

50

372

Vimianzo

Hdros Antonio Agra Durán

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración de utilidade pública

192

47

256

Vimianzo

Ramona Canosa Pérez

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración de utilidade pública

193

47

258

Vimianzo

Dolores Oreiro Pérez

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración de utilidade pública

194

47

260

Vimianzo

Andrés Fernández Trillo

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración de utilidade pública

196

47

264

Vimianzo

Clara Arias Canosa

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración de utilidade pública

189

47

923

Vimianzo

Descoñecido

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración de utilidade pública

206

47

274

Vimianzo

Descoñecido

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración de utilidade pública

214

47

312

Vimianzo

Descoñecido

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración de utilidade pública

Relación de predios desafectados

Predio do proxecto nº

Polígono

Parcela

Concello

Interesado

Acto que se notifica

119

50

408

Vimianzo

Balbina Ramona Trillo Calo

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración de utilidade pública

117

50

407

Vimianzo

Teresa Trillo Calo

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración de utilidade pública

126

50

371

Vimianzo

Descoñecido

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración de utilidade pública

201

47

988

Vimianzo

Descoñecido

Autorización administrativa previa, autorización de construción e declaración de utilidade pública