A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria celebrada o día 27 de novembro de 2020, adoptou o seguinte acordo:
«26. Aprobación da aceptación da delegación de competencias de xestión, recadación e inspección tributaria do Concello de Coristanco.
1. Aceptar a delegación das competencias acordada polo Concello de Coristanco en relación coas seguintes materias:
1) Xestión e recadación voluntaria e executiva do imposto sobre bens inmobles, tanto de natureza rústica como urbana, ou do imposto municipal que o complemente ou substitúa no futuro.
2) Xestión e recadación voluntaria e executiva do imposto sobre actividades económicas ou do imposto municipal que o complemente ou substitúa no futuro, así como a facultade para, de acordo co previsto no artigo 92 da Lei reguladora das facendas locais, solicitar da Administración tributaria do Estado a delegación das funcións de xestión censual e inspección, e establecer coa dita Administración as oportunas fórmulas de colaboración en materia de inspección en relación con este mesmo imposto.
3) Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva do imposto sobre vehículos de tracción mecánica ou do imposto municipal que o complemente ou substitúa no futuro.
4) Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana.
5) Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo e voo das vías públicas, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministracións de interese xeral, tanto o suposto xeral do artigo 24 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, baseado no 1,5 % dos ingresos brutos obtidos no termo municipal, como ao suposto especial da telefonía móbil.
6) Recadación voluntaria e executiva das seguintes taxas e prezos públicos de carácter periódico anual e notificación colectiva mediante padrón:
a) Taxa pola subministración de auga potable.
b) Taxa pola recollida do lixo.
c) Taxa polo servizo de sumidoiros e depuración de augas residuais.
7) Instrución dos expedientes sancionadores por denuncias cursadas polo concello por infracción das normas sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria, así como a súa recadación tanto en período voluntario como executivo.
8) Recadación en período executivo de tributos, prezos públicos e calquera outro ingreso de dereito público de carácter non periódico ou de periodicidade inferior ao ano.
9) A facultade para establecer acordos ou convenios coa Administración tributaria do Estado en materias de colaboración e inspección en relación co imposto sobre bens inmobles.
10) Liquidación, recadación e revisión tanto en período voluntario como en período executivo dos ingresos de dereito público resultantes da instrución dos expedientes de reintegro e sancionadores derivados do control financeiro, realizado pola deputación como consecuencia da delegación desa función.
2. A delegación entrará en vigor unha vez sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia, e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia e as bases para a prestación de servizos en materia de sancións por infracción das normas de tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial».
O que se fai público para xeral coñecemento.
A Coruña, 2 de decembro de 2020
Valentín González Formoso |
José Luis Almau Supervía |