Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 262 Xoves, 31 de decembro de 2020 Páx. 51373

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de aceptación da delegación de competencias para prestar servizos de control financeiro ao Concello de Cee.

O Pleno da Corporación da Deputación Provincial da Coruña, na sesión ordinaria celebrada o 30 de outubro de 2020, adoptou o seguinte acordo:

«Aprobación da aceptación da delegación de competencias na Deputación da Coruña para prestar servizos de control financeiro ao Concello de Cee.

Primeiro. Aceptar a delegación relativa ao exercicio das funcións de control financeiro sobre as subvencións pagadas polo Concello de Cee.

Segundo. Aceptar a delegación da instrución e resolución dos expedientes de reintegro e sancionadores derivados dos informes de control financeiro que se emitan en virtude da delegación anterior, así como a liquidación e recadación, tanto en período voluntario coma en executivo dos ingresos de dereito público resultantes.

Para este efecto, resultarán tamén de aplicación a esta delegación as bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia.

Terceiro. Publicar o acordo, de ser o caso, adoptado polo Pleno provincial, no Boletín Oficial da provincia da Coruña no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. A delegación das competencias entrará en vigor unha vez que sexa publicado o acordo definitivo no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos de control financeiro aos concellos de ata 10.000 habitantes da provincia, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 30 de outubro de 2020

Valentín González Formoso
Presidente da Deputación
Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía
Secretario da Deputación
Provincial da Coruña