Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 261 Mércores, 30 de decembro de 2020 Páx. 51068

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (PO 642/2017).

Eu, Sinesio Novo Fernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 642/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Fraga Naveira contra Cotemac, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse Sentenza o 1.12.2020 contra a que non cabe recurso de suplicación por razón da materia sen prexuízo do normado no artigo 191.3 da LRXS, facéndolles saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cotemac, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de decembro de 2020

O letrado da Administración de xustiza