Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 261 Mércores, 30 de decembro de 2020 Páx. 51067

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (PO 26/2018).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 26/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Lucía Santamaría Lago contra A Dorna Decoración, S.L., sobre ordinario, ditouse resolución o 1.12.2020, dirixida a A Dorna Decoración, S.L., contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber igualmente que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto e que as seguintes notificacións se farán fixando copia da resolución no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a A Dorna Decoración, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 2 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza