Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 261 Mércores, 30 de decembro de 2020 Páx. 51069

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (DSP 439/2020-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 439/2020 por instancia de María Eugenia Sandoval Viveros contra Ricardo Gabriel Sánchez Alonso, Continental La Fontana, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, en que se ditou a Sentenza do 24 de novembro de 2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Estímase a demanda formulada por María Eugenia Sandoval Viveros fronte á empresa Continental La Fontana, S.L. e Ricardo Gabriel Sánchez Alonso (desistido), con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada, Continental La Fontana, S.L., á traballadora.

– Condénase a empresa Continental La Fontana, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 22.178,36 euros, determinando o aboamento da dita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 44,18 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se a recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Ricardo Gabriel Sánchez Alonso e Continental La Fontana, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 1 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza