Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 260 Martes, 29 de decembro de 2020 Páx. 50793

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de decembro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 3 de decembro de 2020 relativa ao acto de conciliación formulado polos representantes do monte veciñal en man común Comunal de Gondulfes, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Gondulfes e Marbán, e o monte veciñal en man común Comunal de Monteveloso, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Monteveloso, no concello de Castrelo do Val.

Examinada a solicitude de conciliación formulada polos representantes do MVMC Comunal de Gondulfes, pertencente á CMVMC de Gondulfes e Marbán e o MVMC Comunal de Monteveloso, pertencente á CMVMC de Monteveloso, no concello de Castrelo do Val, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. Con data do 12 de xuño de 2017 o presidente da CMVMC de Gondulfes e Marbán presentou un escrito no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural en Ourense (nº 3073/rx 1529442) co fin de rexistrar un acordo de deslindamento entre as CMVMC de Gondulfes e Marbán e a CMVMC de Monteveloso, no Concello Castrelo do Val.

Segundo. O Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense emitiu con data do 20 de abril de 2018 informe favorable á solicitude de deslindamento. Ben que condicionado á presentación de novas certificacións en que figuraran as datas das asembleas xerais nas que se adoptaron os acordos, e á aprobación polo Xurado Provincial dos deslindamentos presentados polo presidente da xunta reitora da CMVMC de Feilas, que suporían a validación do punto nº 4 como límite común entre as tres comunidades afectadas.

Terceiro. O día 5 de decembro de 2018 presentáronse as certificacións dos acordos das asembleas xerais solicitadas.

Cuarto. Con data do 4 de decembro de 2019 o Servizo de Montes emitiu informe favorable en relación cun deslindamento do perímetro estremeiro destes dous MVMC co MVMC de Feilas.

Polo que dado que se solucionaron os problemas mencionados no informe do 20 de abril de 2018, o Servizo de Montes informou favorablemente o deslindamento o día 4 de decembro de 2019.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A presente resolución dítase o abeiro do artigo 53 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, de 4 de setembro, e de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento a seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o xurado provincial de montes veciñais en man común, logo do exame da documentación presentada, ditara resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade o día 2 de setembro de 2020:

Aprobar o acto de conciliación acadado polas xuntas reitoras dos MVMC Comunal de Gondulfes, pertencente á CMVMC de Gondulfes e Marbán e o MVMC Comunal de Monteveloso, pertencente á CMVMC de Monteveloso, no concello de Castrelo do Val, de acordo co informe do Servizo de Montes do 4 de decembro de 2019.

Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 7 de decembro de 2020

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense