Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 260 Martes, 29 de decembro de 2020 Páx. 50795

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de decembro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica a iniciación dun expediente para a posible clasificación do monte Louseiras de Alba, na parroquia de San Xoán de Alba, concello de Vilalba (expediente 4/2020).

Ante este Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente de clasificación do monte coas seguintes características:

– Expediente: 4/2020.

– Denominación: Louseiras de Alba.

– Comunidade propietaria: veciños/as da parroquia de San Xoán de Alba.

– Concello: Vilalba.

– Superficie: 21,2 hectáreas.

Na seguinte táboa indícase a parcela obxecto de clasificación, así como as estremeiras. O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, facilita a súa localización.

Parcela obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

27065A14701065 (parcialmente)

Norte

27065A14809012 (camiño)

Leste

27065A14701156

27065A14701157

27065A14701169

27065A14701168

27065A14701172

27065A14701172

27065A14701174

27065A14701175

27065A14701071

27065A14701070

Sur

27065A14701065 (MVMC Louseiras Torre)

27065A14709015

Oeste

27065A14709001 (recurso de auga)

27065A14700490

27065A14700492

27065A14700494

27065A14700496

27065A14701155

27065A14701152

27065A14701152

27065A14701151

27065A14709037 (rego Ferreiroa)

En virtude do acordado polo xurado na sesión do 27.7.2020 e en cumprimento da orde do instrutor, conforme o disposto na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, mediante este anuncio faise pública a iniciación do expediente para a posible clasificación do monte indicado.

Ábrese un período dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan intervir no expediente e formular as alegacións que coiden oportunas, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen convenientes, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Lugo, 10 de decembro de 2020

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo

missing image file

anexo